Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 1996 Páx. 570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4436 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; rúa Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: L.M.T. ó C.T. Hospital.

Final: C.T. S. Mamede e L.M.T. ó C.T. Pousada.

Situación do transformador: S. Mamede.

Características: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 1.780 metros, con postes de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA. 20.000/380-220 V, sobre poste de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 3.216 metros, para mellora do servicio eléctrico en Castromaior, S. Mamede e Narón, no concello de Portomarín.

Orzamento: 15.410.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 7 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-0035