Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 1996 Páx. 569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 295/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. en Axencia-Igrexa-Reboreda-San

Xoán de Arcal, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: tramo I.-Axencia-Igrexa-Reboreda: desde o C.T. existente nomeado Axencia ata o C.T. que se proxecta en Igrexa con entrada e saída a este e conectando coa L.M.T. existente a Reboreda. Tramo II.-Igrexa-San Xoán de Arcal: desde o C.T. proxectado anteriormente nomeado Igrexa ata o comezo da L.M.T. existente a San Xoán de Arcal, concello de Redondela.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais:

Tramo I.-L.M.T., subterránea, a 15/24 kV, de 450 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

Tramo II.-L.M.T., subterránea, a 15/24 kV, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

C.T., de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V.

R.B.T., de 40 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Orzamento: 17.996.875 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 5 de setembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-0037