Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 1996 Páx. 548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

O Pleno desta Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 21 de decembro de 1995, acordou a apertura dun segundo período de exposición pública, previa á aprobación definitiva, das normas subsidiarias de planeamento municipal deste concello, de conformidade co disposto nos artigos 114.2º do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación jurbana, e 130 do Regulamento de planeamento, ó se produciren modificacións substanciais do documento aprobado inicialmente en sesión plenaria do 31 de agosto de 1993.

A dita exposición pública faise polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ribeira, 22 de decembro de 1995.

O alcalde

Rubricado