Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 1996 Páx. 548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1996 pola que se procede á corrección de erros dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen no concurso público, procedemento aberto, para a contratación do servicio de vixilancia da Universidade de Santiago de Compostela, convocado por Resolución do 14 de decembro de 1995, publicada no Diario Oficial de Galicia do 22 de decembro de 1995.

Nos pregos antes mencionados figura:

Clasificación: gurpo 3, subgrupo 2, categoría D.

E debe figurar:

Clasificación: grupo 3, subgrupo 2, categoría C.

O prazo de presentación de propostas amplíase ata as 14 horas do día 27 de xaneiro de 1996.

Para o exame das propostas a mesa de contratación reunirase o día 31 de xaneiro de 1996, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1996.

P.D. (Resolución 14-2-1995)

Vicerrector de Asuntos Económicos

242