Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 1996 Páx. 544

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 8 de xaneiro de 1996 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, do 27 de outubro de 1995, (BOE do 15 de novembro), e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial.

Visto tamén o que dispón o artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, o Decreto da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes, esta consellería, para prove-las notarías vacantes establecidas no territorio desta Comunidade Autónoma, nomea a:

-Luis Rajoy Brey, notario de Pineda de Mar, 3ª, para a notaría de Ourense.

-Francisco León Gómez, notario de Ribadavia, 3ª, para a notaría de Padrón (A Coruña).

-Jesús-María Rodríguez Enríquez, notario do Grove, 3ª, para a notaría de Corcubión (A Coruña).

-Constantino Castellanos Collado, notario de Cabeza del Buey, 3ª, para a notaría de Muros (A Coruña).

-Manuel-Ignacio Castro-Gil Iglesias, notario das Pontes de García Rodríguez, 3ª, para a Notaría de Sarria (Lugo).

Santiago, 8 de xaneiro de 1996.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacions Laborais

255