Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/184-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e RR.BB.TT. de Vilagudín e Vilartarreo.

Situación: T.M. de Ordes e Tordoia.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e conductor LA-56, de 801 m de lonxitude, conorixe na liña Gorguillos-Lesta (expediente 51043) e final no C.T. que se vai instalar en Vilagudín. Centro de transformación aéreo de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Vilagudín, con rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 2.184 m de lonxitude nos lugares de Vilagudín e Vilartarreo. T.M. de Ordes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de decembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-0090