Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4431 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., rúa Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: L.M.T. ó C.T. de Seixas.

Final: C.T. de Deilas e C.T. de Seixas.

Situación do transformador: Deilas.

Características: liña de media tensión ó C.T. de Deilas, a 20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Seixas, cunha lonxitude de 1.010 metros, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, con postes de formigón. Derivación da L.M.T. ó C.T. de Seixas, cunha lonxitude de 196 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 KVA 20.000/380-220 V, sobre poste de formigón. Rede de baixa tensión, en conductor R.Z.-95-50-25 mm Al, cunha lonxitude de 246 metros, para mellora do servicio eléctrico en Deilas, no concello de Taboada.

Orzamento: 5.736.585 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 6 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9600027