Pola Resolución do 28 de novembro de 1995 aprobouse un gasto de 6.000.000 de ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación do contrato dos traballos de consultoría e asistencia que garantan o control de stocks do equipamento dos centros de ensino xestionados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Expediente: 3895.
Anunciouse a contratación da referida subministración no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.
Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das administracións públicas, así como os requisitos establecidos no prego de bases da contratación e demais lexislación vixente, reunida a mesa de contratación en data do 18 de decembro de 1995, e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora. Esta consellería,
RESOLVEU:
Primeiro.-Adxudica-la mencionada contratación da seguinte forma:
-Empresa Meta.
-Total importe: 5.750.000 ptas.
Segundo.-O prazo de execución será de dous meses contados desde a notificación da adxudicación.
Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obligacións previas á formalización do correspondente contrato, esixidas pola cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1995.
P.D. (Orde 8-9-1994)
Juan José Bértolo Cadenas
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
95-0121