Pola Resolución do 26 de outubro de 1995 aprobouse un gasto de 17.520.000 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de subministración, entrega e instalación de diverso material mobilitario con destino á E.T.S. Industriais de Vigo, dependente desta consellería. Expediente: 2695.
Anunciouse a contratación da referida subministración no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.
Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das administracións públicas, así como os requisitos establecidos no prego de bases da contratación e demais lexislación vixente, reunida a mesa de contratación en data do 18 de decembro de 1995, e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das
empresas e a valoración da comisión cualificadora. Esta consellería,
RESOLVEU:
Primeiro.-Adxudica-la mencionada contratación da seguinte forma:
Lote material Importe
-Empresa H. de Laurentino Santos
1 Mesa Central8.312.500
Subtotal8.312.500
-Empresa María Martínez Otero
2 Mobiliario despacho5.221.990
Subtotal5.221.990
Total13.534.490
Segundo.-O prazo de execución será de 20 días contados desde a notificación da adxudicación.
Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obligacións previas á formalización do correspondente contrato, esixidas pola cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1995.
P.D. (Orde 8-9-1994)
Juan José Bértolo Cadenas
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
0126