Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 498

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1995 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de filoloxía española, do departamento de Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, a Joaquín Sueiro Justel.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 18 de xaneiro de 1995 (BOE do 8-2), para a provisión de unha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de filoloxía española, do departamento de Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da Universidade de Vigo, a prol de Joaquín Sueiro Justel, DNI nº 36.012.827, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Joaquín Sueiro Justel profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de filoloxía española, do depar

tamento de Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 27 de decembro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

95-99