Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 1996 Páx. 492

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1995, da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, pola que se dispón a publicación do acordo da Comisión Galega de Protección Civil que aproba o plan de nevadas en Galicia (plan Nega).

A Comisión Galega de Protección Civil aprobou na súa reunión do día 9 de maio de 1995, por proposta da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, o plan de nevadas en Galicia (plan Nega), que queda incluído como plan específico no Platerga.

O que se publica para o seu coñecemento e aplicación.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1995.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente

96-0097