Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 1996 Páx. 487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 14 de novembro de 1995 polo que se anuncia a aprobación inicial do estudio de detalle para a ordenación de volumes na parte posterior do edificio sito na avenida do 18 de Xullo, 51.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 6-11-1995, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na parte posterior do edificio sito na avenida do 18 de xullo, 51, a solicitude de don José López Penín.

Conforme o prevido nas disposicións vixentes sométese a información pública polo prazo de quince días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 14 de novembro de 1995.

Manuel Carrasco Uceda

Vicesecretario

Visto e prace

P.D. Ramón Jaime Arias Roca

8313