Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 1996 Páx. 439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1995, da comisión do Goberno Municipal da Coruña, pola que se anuncia concurso para a prestación do servicio de limpeza da Casa da Cultura Salvador de Madariaga.

Obxecto.

Limpieza da Casa da Cultura Salavador de Madariaga (Ref. L95/12).

Tipo de licitación.

7.500.000 pesetas, IVE incluído.

Garantías.

Provisional, 150.000 pesetas; definitiva, 4% do importe de adxudicación.

Modelo de proposición.

As proposicións económicas reintegradas cun timbre municipal de 13.150 pesetas, axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/a..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto de DNI nº..., en representación de..., con domi

cilio en... (ou en nome propio), informado do anuncio de concurso para o servicio de limpeza da Casa da Cultura Salvador de Madariaga e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico no resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións.

Presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións.

Poderán ser examinados e retirada copia no Negociado de Subministracións de Compras, 2º andar do Pazo Municipal, Praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 5 de decembro de 1995.

P.D.

O alcalde

Rubricado

95-08212