Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 1996 Páx. 435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA de notificación do 30 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña -Servicio de Consumo-, pola que se comunica o estado do expediente 15-091/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as fases nas que se atopan os expedientes para

eles instruídos polo Servicio de Consumo de Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño (BOE do 15 xullo), no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Nome: Seguridad 12, S.L.

NIF: D-15.439.086

Expte: 15-091/1995

Prazo: dez días.

Trámite: iniciación.

Os ditos interesados dispoñen do prazo que en cada caso se indica, contado a partir da publicación do presente edicto, para que poidan examina-lo expediente na Delegación de Industria e Comercio da Coruña, edificios múltiples, andar 2º, Praza de Luis Seoane, s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes conforme o disposto na citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 30 de novembro de 1995.

Juan Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8519