Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 1996 Páx. 434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Cruxeiras, número 6633.1, da provincia da Coruña.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, (DOG 188, do

25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental someteranse ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental da solicitude de concesión de explotación

derivada do permiso de investigación Cruxeiras, nº 6633.1, sito nos concellos de Ordes, Oroso e Trazo e solicitado pola empresa Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A.

Para os efectos informativos, porase á disposición dos administrados un exemplar del nas oficinas desta delegación provincial, Sección de Minas. As alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas oficinas desta delegación provincial.

A Coruña, 20 de novembro de 1995.

Juan Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8528