Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 1996 Páx. 432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica para redacción do anteproxecto da EDAR e emisario de Ferrol (A Coruña).

Adxudicatario: Idasa

Orzamento: 25.559.762 ptas.

-Asistencia técnica para contratación do estudio de solucións o problema das enchentas da Terra Chá (Lugo).

Adxudicatario: Proyectos y Obras de Galicia, S.A.

Orzamento: 9.985.814 ptas.

-Asistencia técnica para redacción do proxecto das obras necesarias para evita-las enchentas no núcleo urbano de Caldas de Reis (Pontevedra).

Adxudicatario: Segurpresa

Orzamento: 14.848.000 ptas.

-Asistencia técnica para estimación dos ingresos previsibles da aplicación do canon de saneamento creado por Lei 8/1993 nas entidades urbanas de Galicia.

Adxudicatario: Asesoría Técnica y Control, S.A.

Orzamento: 13.462.832 ptas.

-Saneamento e abastecemento a Barreiros-2ª fase (Lugo).

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Orzamento: 26.360.244 ptas.

-Rede de traída de auga a Baio, 1ª fase (Zas-A Coruña).

Adxudicatario: Antonio González Espina, S.A.

Orzamento: 34.308.549 ptas.

-Reformado do proxecto de recollida de augas pluviais nas rúas principais do Concello de Sada, primeira fase (A Coruña).

Adxudicatario: Construcciónes Sangiao, S.A.

Orzamento: 49.909.614 ptas.

-Ampliación e mellora do abastecemento e saneamento de Miño, 2ª fase (A Coruña).

Adxudicatario: Ecinsa

Orzamento: 68.998.652 ptas.

-Ampliación da capacidade de transporte de auga desde o encoro de Vilasouto ó depósito de Guntín (Bóveda-Lugo).

Adxudicatario: Gauxs

Orzamento: 27.153.439 ptas.

-Abastecemento e saneamento en Parada e Casares (Amoeiro-Ourense).

Adxudicatario: Ibersade, S.A.

Orzamento: 13.675.571 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1996.

P.D. (O. de 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-8427