Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 1996 Páx. 430

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (51/1993).

Eu, Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe que neste xulgado se segue xuízo de divorcio nº 51/1993, nos que recaeu sentencia, o encabezamento e decisión da cal son os seguintes:

«Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1993. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíz deste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade e o seu partido, os presentes autos de divorcio nº 51/1993, seguidos a pedimento de José Manuel Escariz Vaamonde, representado pola procuradora Soledad Sánchez Silva, contra a súa muller Amalia Suárez Santos, declarada en rebeldía.

Decido que debía admitir e admito a demanda presentada pola procuradora Sánchez Silva en nome e representación de José Manuel Escariz Vaamonde e, en consecuencia, decreta-la disolución do matrimonio por divorcio dos esposos José Manuel Escariz Vaamonde e Amalia Suárez Santos. Non se fai especial mención en canto a custas procesuais causadas.

Firme que sexa esta sentencia, comuníqueselle de oficio ó Rexistro Civill no que conste o matrimonio dos cónxuxes, co fin de que proceda á súa inscrición marxinal.

Advírtaselles ás partes de que esta sentencia non é firme de dereito, e contra ela cabe recurso de apelación no termo de cinco días por escrito perante este xulgado.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Leonor Castro Calvo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma á demandada Amalia Suárez Santos, actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de abril de mil novecentos noventa e cinco.

A oficial en funcións de secretaria

Asinado

9508175