Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 1996 Páx. 405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación dos predios afectados pola instalación das redes de distribución do gas natural para usos industriais en Ourense.

O 18 de setembro de 1995, a Dirección Xeral de Industria autorizou as instalacións das redes de

distribución do gas natural para usos industriais en Ourense. A dita aprobación, de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, leva implícita a declaración da necesidade de ocupación dos bens afectados. Así mesmo, a declaración da utilidade pública e urxencia na ocupación está regulada no artigo 10 da devandita lei.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de

expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, resolveu convocar ós titulares dos bens e dereitos afectados nas casas do concello onde están situados os predios, como lugar de encontro, para levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación, de acordo co regulamento no citado artigo 52.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares dalgún dereito ou interese sobre os bens afectados deberán acudir persoalmente ou debidamente representados, aportando os documentos que acrediten a súa titularidade e mailo último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, dos seus peritos e un notario se o consideran conveniente.

O levantamento de actas terá lugar no Concello de Amoeiro os días 7 e 8 de febreiro de 1996 a partir das 9 horas; no Concello de Ourense os días 12, 13, 14, 15, 16, 19, 20 e 21 de febreiro de 1996, a partir das 9 horas; e no Concello de San Cibrao das Viñas o día 9 de febreiro do mesmo ano, a partir das 9 horas.

A orde de levantamento de actas comunicaráselle a cada interesado mediante cédula de citación. A relación dos titulares convocados figurará no taboleiro de edictos das casas dos concellos sinalados.

Esta publicación faise para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, como notificación da presente resolución ós titulares descoñecidos e máis a aqueles con domicilio descoñecido.

No expediente expropiatorio Enagás, S.A., asumirá a condición de beneficiaria.

Ourense, 30 de novembro de 1995.

(Por substitución legal do delegado provincial)

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial de Ourense

46