Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 1996 Páx. 388

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 22 de decembro de 1995 pola que se prorroga a vixencia da Orde do 10 de febreiro de 1995, pola que se regulan as axudas financeiras ás asociacións e organizacións empresariais pesqueiras e marisqueiras.

Advertidos erros no texto da devandita orde, publicada no DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 1996, cómpre face-las oportunas rectificacións:

-O título da orde queda redactado como segue: «Orde do 22 de decembro de 1995 pola que se prorroga a vixencia da Orde do 21 de febreiro de 1995 pola que se regulan as axudas financeiras ás asociacións e organizacións empresariais pesqueiras e marisqueiras».

-No artigo 1º, segundo parágrafo, onde di: «...á aplicación orzamentaria 12.03.615.B.770.0 ...», debe dicir: «...á aplicación orzamentaria 12.03.615.B.470.0 ...»

9600050