O día 20 de decembro de 1995 da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitiulle á Sala do Contencioso Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o expediente administrativo correspondente ó recurso contencioso-administrativo número 1857/1995, interposto por María Elena Orbán Cerredelo, contra resolución da Dirección Xeral de Persoal desestimatoria da pretensión da recorrente sobre obrigatoriedade na participación concurso de traslados.
En cumprimento do requirimento da presidencia da sala e o disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, faise público para que tódolos interesados no procedemento, dos que se descoñece a súa identidade, poidan comparecer e presentarse en autos, no prazo de nove días, perante a sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1995.
Juan José Bértolo Cadenas
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
8447