Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 1996 Páx. 384

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de novembro de 1995 pola que se prorrogan 8 bolsas de colaboración nos distintos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.

A Orde do 25 de novembro de 1994 (DOG nº 244 do 21 de decembro de 1994), e a Orde do 16 de marzo de 1995 (DOG nº 82, do 28 de abril de 1995), polas que se convocan bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, prevén na súa base terceira a concesión de prórrogas ós bolseiros que presten a súa colaboración nalgún dos proxectos de investigación que se están realizando no centro.

A teor do sinalado na Orde do 2 de xuño de 1986, modificada pola Orde do 18 de outubro de 1991, sobre «tramitación anticipada de expedientes de gasto» o gasto que se proxecta está condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos do exercicio do ano 1996 en trámite parlamentario.

Na súa virtude e de acordo co establecido no parágrafo terceiro da base terceira das referidas ordes de convocatoria, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

Concédeselle prórroga para desfrutar da bolsa durante un período de un ano, que se contará a partir do 1 de xaneiro de 1996, ás persoas que se relacionan no anexo á presente orde.

Artigo 2º

A contía das bolsas durante o período de prórroga será de 122.000 ptas. mensuais, segundo o establecido na base segunda das mencionadas ordes de convocatoria.

Artigo 3º

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Nome dos beneficiariosPeríodo de desfrute:

Fernández Dadín, Ana Peregrina1-1-1996 ó 31-12-1996

Iglesias Diéguez, Alfredo1-1-1996 ó 31-12-1996

Domínguez Noya, Eva Mª1-1-1996 ó 31-12-1996

Rodríguez Liñares, Leandro1-1-1996 ó 31-12-1996

Losada Soto, Ruth Mª1-1-1996 ó 31-12-1996

Sueiro Pena, Mª Mar1-1-1996 ó 31-12-1996

Castro Duarte, Alfredo1-1-1996 ó 31-12-1996

Viejo Viñas, Raimundo1-1-1996 ó 31-12-1996

96-0148