Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 362

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de decembro de 1995 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no Decreto 201/1995, do 23 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1995 (DOG nº 132, do 11 de xullo de 1995), esta consellería no uso das competencias que lle atribúe o Art. 13.2º 8 da Lei 4/1988, do 26 de maio da función pública de Galicia segundo a redacción que lle deu a Lei 3/1995, do 10 de abril, (DOG nº 76 do 20 de abril de 1995),

DISPÓN:

Convoca-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia, grupo E, con suxeición ás seguintes,

Bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1. Convócase proceso selectivo para cubrir 81 prazas do corpo subalterno da Xunta de Galicia, polo sistema de acceso libre, polo procedemento de concurso-oposición.

I.1.1. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo a redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo e co Decreto 201/1995, do 23 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1995, do total de prazas do sistema xeral de acceso libre reservaranse dúas (2) prazas para seren cubertas por persoas con minusvalidez co grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

No suposto de que estas prazas non sexan cubertas total ou parcialmente, excluiranse da dita cota e pasarán a integrarse ás restantes prazas correspondentes ó sistema xeral.

I.1.2. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; R regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, demais normas concordantes, así como o disposto na presente convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para ser admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.1.1. Ser español.

I.2.1.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

I.2.1.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo certificado de escolaridade.

I.2.1.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.1.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2. Tódolos requisitos enumerados con anterioridade deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán facelo constar mediante instancia (anexo I), que será facilitada nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia á que se fai referencia na base I.3.2. Á instancia xuntaráselle fotocopia do documento nacional de identidade, xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente e a certificación á que se refire a base II.1.3.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é (902) 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no Art. 27 dous C) da Lei 11/1995, do 28 de decembro de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, que modifica o apartado 0.3 do Art. 18 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, como requisito necesario para participar nestas probas, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 4.590 pesetas e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo III. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia; deberán cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo III. A non presentación deste anexo, no que figura o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de

presentación, en tempo e forma da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no DOG da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o apartado terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, e oficinas de correos nas condicións ás que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas polos españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspon-

dentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria. Todo iso conforme o contido do disposto na Lei 13/1982, do 7 de abril e o artigo 5 do Decreto 201/1995, do 23 de xuño polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 1995.

Estes requisitos tamén os deberán cumprir, se é o caso, os aspirantes con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, a que se refire a base I.1.1. Tales aspirantes terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen a condición de discapacidade anteriormente citada, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

I.3.4. Os erros de feito que puidesen advertirse poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou a petición do interesado.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública dictará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no DOG así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se encontran expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación, ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a presente orde. Cando da documentación que debe presentarse no caso de supera-lo proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación neste procedemento.

II. Concurso oposición.

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

II.1. Fase de concurso:

II.1.2.1. Ó persoal transferido polo Estado, tanto en réxime de contratación administrativa como interino, ó persoal interino seleccionado a través das oportunas probas convocadas pola Xunta de Galicia, así como ó persoal contratado administrativo en situación de expectativa de acceso á función pública de acordo co Decreto 57/1983, do 6 de abril, que estivese en activo á entrada en vigor da Lei 4/1988, o que estivese ó servicio da Comunidade Autónoma de Galicia o 1 de maio de 1990 e ó persoal contratado laboral fixo que ocupe ou ocupase postos de traballo que pola natureza das súas funcións deben ser desempeñados por funcionarios, pertencentes ó corpo subalterno da Xunta de Galicia, valoraráselles a antigüidade na Xunta de Galicia a razón de 0,30 puntos por mes de servicios ou fracción, e non poderá excede-la puntuación total de 18 puntos consonte ós seguintes criterios:

a) Ó persoal interino e contratado administrativo só se lles valorarán aqueles servicios que prestasen coa titulación de estudios primarios nos postos correspondentes ó grupo E.

b) Ó persoal laboral só se lle valorarán os servicios prestados en postos de traballo correspondentes ó grupo V do convenio colectivo único para o persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

II.1.2.2. Ós aspirantes que desempeñen ou desempeñasen postos de traballo na Administración autonómica en réxime de persoal interino, contratado administrativo ou laboral temporal ocupando postos do corpo subalterno da Xunta de Galicia, ós que non lles sexan de aplicación as disposicións transitorias da Lei 4/1988, valoraránselle-los servicios prestados en tal Administración, cos criterios previstos na base anterior.

Así mesmo, o persoal que preste servicios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia en réxime de contratación administrativa, como persoal interino ou laboral temporal non comprendido na base II.1.2.1, e que como tal ou como persoal laboral temporal ocupando postos equivalentes ó grupo E, teña prestados servicios noutras administracións públicas, valoraránselle-los ditos servicios coa seguinte puntuación:

a) 0,30 puntos por mes ou fracción, no caso de que o/a aspirante estea transferido á Comunidade Autónoma de Galicia mediante a correspondente normativa.

b) 0,20 puntos por mes ou fracción, nos supostos non incluídos no apartado a) anterior.

A suma das distintas puntuacións que poidan adxudicarse conforme o previsto nesta base, en ningún caso poderá exceder de 16 puntos que corresponden ó 40 por cento da puntuación máxima acadable na fase de oposición, de conformidade co establecido no artigo 36 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

II.1.2.3. Ós aspirantes contratados en réxime laboral temporal, que desempeñen ou desempeñasen postos reservados a funcionarios do corpo subalterno da Xunta de Galicia nas relacións de postos de traballo, valoraránselle-los servicios prestados como tales en postos de traballo correspondentes ó grupo V do convenio colectivo da Xunta de Galicia a razón de 0,30 puntos por mes ou fracción ata un total de 16 puntos, o 40% da puntuación máxima alcanzable na fase da oposición, de conformidade co establecido no artigo 36 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia.

II.1.2.4. Ós aspirantes que xa accederan á condición de funcionarios da Administración da Xunta de Galicia ós que se lles computaron os servicios ós que fan referencia os apartados II.1.2.1., 2 e 3 para o seu ingreso na función pública, non se lles valorarán estes na presente convocatoria.

II.1.3. Os méritos enumerados nas bases II.1.1 e II.1.2 deberán referirse á data da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os méritos, requisitos e datos imprescindibles a que se refiren os apartados anteriores, deberán acreditarse, mediante certificado, segundo o modelo que figura como anexos II e III a esta orde, que deberá ser expedida polas unidades seguintes de acordo co destino de cada aspirante:

-Servicios centrais:

Secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos:

Secretarios/as ou, de se-lo caso, funcionario/a responsable da área de Persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da consellería respectiva, ou dos seus organismos autónomos.

Non se terán en conta as certificacións que non se axusten ó establecido nos apartados anteriores.

II.1.4. As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con anterioridade á publicación das cualificacións do primeiro exercicio da fase de oposición.

II.2. Fase de oposición:

O programa que rexerá as probas selectivas é o publicado no DOG nº 246 do 27 de decembro de 1995, aprobado pola Orde do 15 de decembro de 1995.

II.2.1. Exercicios:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 40 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, elixido por sorteo entre tres cuestionarios elaborados previamente por aquel e correspondentes ó contido do programa. O tempo máximo de duración será dunha hora.

Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos sendo necesario para superalo obter como mínimo 9 puntos.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 40 preguntas tipo test con respostas alternativas, polo que se avaliará o coñecemento do idioma galego; o dito cuestionario será proposto polo tribunal, elixido por sorteo entre tres cuestionarios elaborados previamente por el.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 9 puntos.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.2.2. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis para a realización dos exercicios tipo test.

II.2.3. Os exercicios celebraranse a porta cerrada sen outra asistencia cá dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este.

II.2.4. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de concurso e na da oposición, e non poderá supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios:

II.3.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «R», de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 9 de marzo de 1995, pola que se publica o resultado do sorteo celebrado o día 9 de marzo de 1995 (DOG nº 67 do 5 de abril), ó tratarse dunha convocatoria correspondente á oferta de emprego público para o ano 1995.

II.3.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.3.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, e poderanse considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para efectos dun posterior chamamento.

II.3.4. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo exercicio efectuaraa o tribunal nos locais onde se celebrase o primeiro, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase, e nalgún outro medio se se xulga conveniennte con doce horas, polo menos de antelación.

II.3.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso ordinario conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Tribunais.

III.1. Os tribunais cualificadores destas probas serán designados por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e a composición é a determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-las probas, a proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

III.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base

III.4. Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.3.

III.5. Logo de convocatoria do presidente do tribunal número 1, constituiranse os tribunais en sesión conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan á ela a maioría dos membros de cada tribunal.

A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

Especialmente cando as circunstancias así o aconsellen, os tribunais poderán acordar que a celebración do exercicio nº 1 da fase de oposición se celebre simultaneamente en varias localidades. No dito caso, os aspirantes serán convocados para a realización do mencionado exercicio na localidade correspondente, atendendo ó domicilio que figure nas súas instancias.

III.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

III.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.8. A cada tribunal corresponderalle xulgar un número determinado de aspirantes que estarán comprendidos entre as letras do abecedario correspondentes ós apelidos dos opositores que por sorteo se lles asignasen.

III.9. Corresponderalle ó tribunal nomeado co número 1:

-Cursar de orde do seu presidente citación ó resto dos tribunais para constituírse nun acto conxunto.

-Mediante anuncio público no DOG e demais anuncios correspondentes, fixarase o lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio.

-Recibi-los expedientes dos demais tribunais relativos ó transcurso das probas e respectivas propostas, e eleva-la proposta definitiva de aprobados.

III.10. Co obxecto de consegui-la necesaria coordinación entre os tribunais cualificadores, todos actuarán conxuntamente baixo a dirección do número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e de unificación poidan presentarse e solicitarse polos restantes tribunais sobre as normas da convocatoria.

Os tribunais cualificadores actuarán coordinadamente procurando a maior uniformidade nos criterios valorativos dos exercicios, sen prexuízo do cal funcionarán con autonomía no que se refire á selección dos aspirantes, formulando as súas propias propostas.

III.11. Por cada sesión do tribunal levantarase acta que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, se autorizará coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.12. Cada tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que considere pertinente, limitándose ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

III.13. Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos demais participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en tempos e medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle presentasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

III.14. O presidente de cada tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

Os tribunais excluirán aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

III.15. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

III.16. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes que o de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.17. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes estas resolveranse pola puntuación obtida no primeiro exercicio e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva este. De persisti-lo empate, resolverase por orde alfabética, de acordo co sorteo que tivo lugar o día 9 de marzo de 1995.

Cada tribunal resolverá os empates que se produzan relativos ós aspirantes que lles correspondan. No caso de que unha vez elevadas as distintas propostas ó tribunal número 1, se produzan novos empates, estes serán resoltos polo dito tribunal, de acordo cos criterios expresados no parágrafo anterior.

III.18. As comunicacións que lles formulen os aspirantes ós tribunais dirixiranse á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela).

IV. Lista de aprobados.

IV.1. Finalizadas as probas selectivas, os tribunais farán públicas no DOG, no lugar ou lugares de celebración do último exercicio e naqueles outros que considere oportuno, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións alcanzadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal número 1 enviará proposta conxunta da lista de aprobados ó director xeral

da Función Pública, especificando, igualmente, o número de aprobados en cada un dos exercicios.

V. Presentación de documentos e nomeamento de funcionarios.

V.1. Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, elevarase a definitiva a proposta dos tribunais de aspirantes que superaron o proceso selectivo, e publicarase no DOG, e a partir da dita publicación computarase o prazo de vinte días naturais para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base I.2, ou certificación académica que acredite ter realizados tódolos estudios para a obtención do título, e se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

c) Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.

d) Os aspirantes con ninusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtivesen praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e, se é o caso, da Administración correspondente.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública requirirá, respecto das persoas que acceden por este cupo de reserva, dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato para os postos de traballo.

V.2. Os que dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior non presentasen a documentación, ou do exame desta se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados funcionarios e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.3. Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no DOG de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

V.4. A toma de posesión dos aspirantes aprobados será efectuada no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade coas disposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995 do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VI. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal con

forme o previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

INSTRUCCIÓNS PARA O/A INTERESADO/A

* INSTRUCCIÓNS XERAIS.

-Escriba soamente a máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas de tipo imprenta.

-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles en tódolos exemplares.

-Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscaduras.

-Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.

-Non esqueza asina-lo impreso.

-Non esqueza achega-lo impreso de autoliquidación de taxas debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria.

-Non esqueza xuntar fotocopia do seu DNI.

* INSTRUCCIÓNS PARTICULARES.

1. Corpo. Consigne o texto e o código correspondente segundo a tabla seguinte:

01. Grupo A. Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

02. Grupo B. Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia.

03. Grupo C. Corpo administrativo da Xunta de Galicia.

04. Grupo D. Corpo auxiliar da Xunta de Galicia.

05. Grupo E. Corpo subalterno da Xunta de Galicia.

2. Grupo. Sinale a letra do grupo correspondente.

ANEXO II

MÉRITOS QUE SE FAN CONSTAR RELATIVOS Ó SISTEMA DE ACCESO LIBRE

D/Dna.:

(Nome do/da funcionario/a que certifica)

Cargo:

CERTIFICA:

Que segundo os datos que figuran neste centro directivo e á vista da documentación achegada.

D/Dna.:, DNI

foi transferido/a á Comunidade Autónoma de Galicia por RD (1)...................................... e ten acreditados os seguintes servicios:

I. BASE II.1.2.1.

-Persoal interino ou contratado en réxime de dereito administrativo no grupo.................... do corpo ou escala da Xunta de Galicia.

Anos: Meses: Días:

-Persoal laboral fixo no grupo....................................., categoría............... do convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

Anos: Meses: Días:

II. BASE II.1.2.2.

-Persoal interino ou contratado en réxime de dereito administrativo no grupo.................... do corpo ou escala da Xunta de Galicia.

Anos: Meses: Días:

-Persoal laboral temporal no grupo....................................., categoría............... , do convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

Anos: Meses: Días:

-Persoal interino ou contratado en réxime de dereito administrativo no grupo.................... do corpo ou escala da Administración.

Anos: Meses: Días:

-Persoal laboral temporal no grupo....................................., categoría............... da Administración...................................................................................

Anos: Meses: Días:

III. BASE II.1.2.3.

-Persoal laboral temporal do grupo....................................., categoría............... do convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

Anos: Meses: Días:

O que así fago constar para os efectos da participación do interesado/a no concurso-oposición publicado no DOG do día asino a presente certificación

en................................................................................... o.............................. de................................................... de 1996.

(1) Especificar de se-lo caso.

114