Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 1996 Páx. 328

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1793/1995, interposto por Vicente Sanz Martín.

O día 20 de decembro de 1995 da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitiulle á Sala do Contencioso Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o expediente administrativo correspondente ó recurso contencioso-administrativo número 1793/1995, interposto por Vicente Sanz Martín, contra resolución da Dirección Xeral de Persoal desestimatoria da pretensión da recorrente sobre adxudicación de destino en posto de traballo de ciclo inicial e medio no Colexio Público de Prácticas de Lugo.

En cumprimento do requirimento da presidencia da sala e o disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, faise público para que tódolos interesados no procedemento, dos que se descoñece a súa identidade, poidan comparecer e presentarse en autos, no prazo de nove días, perante a sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

0040