Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 1996 Páx. 267

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de novembro de 1995 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega.

Advertidos erros na publicación da Orde do 27 de novembro de 1995 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega (DOG nº 242, do 20 de decembro de 1995) cómpre realiza-las seguintes correccións:

-O anexo publicado na páxina 9.511 deberá substituírse polo publicado no mesmo DOG, na páxina 9.507.

-No anexo citado, no cuarto recadro, no que se solicita acollerse á orde de subvención, onde di: «Orde do 28-11-1995», debe dicir: «Orde do 27-11-1995».

9600083