Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 1996 Páx. 260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 24 de novembro de mil novecentos noventa e cinco, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación, con carácter inicial, ó proxecto de urbanización dun tramo da rúa transversal á avenida de Vigo, promovido mediante iniciativa particular por Rocer, S.L. e redactado polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti, con visado colexial da datas 17-1-1995, 1-3-1995 e 4-5-1995.

Segundo.-Someter a información pública o proxecto aprobado e o expediente tramitado, por un prazo de quince días, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP, un dos xornais de maior circulación dela e taboleiro de anuncios da Casa do Concello; computarase tal período desde a inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia, e notificarase individualmente ós propietarios afectados.

Durante o prazo de quince días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 11 de decembro de 1995.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273