Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 1996 Páx. 260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 3/1995.

A Dirección do Hospital Comarcal Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no artigo 7 da Orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, faise público que resolveu adxudica-lo expediente núm. 3/1995 «Unha mesa quirúrxica para cirurxía ortopédica e traumatoloxía con accesorios», á empresa Productos Odan, S.A., por un importe de 9.000.000 ptas. IVE incluído.

O Barco de Valdeorras, 27 de novembro de 1995.

Enrique I. Pérez Rivera

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

8352