Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 1996 Páx. 258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do proxecto para o edificio do Laboratorio de Metroloxía no Parque Tecnolóxico de Galicia.

En cumprimento do establecido no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o órgano de contratación da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense resolveu adxudica-lo proxecto para o edificio do Laboratorio de Metroloxía no Parque Tecnolóxico de Galicia, a María Jesús Castelo Villanueva, por un importe de 15.000.000 de ptas. (IVE incluído).

Ourense, 7 de decembro de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8366