Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 1996 Páx. 257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Alargamento e mellora da LU-612. Treito: Lugo-Seoane. P.k. 0,000/8,858.

Adxudicatario: Viales y Construcciones, S.A.

Orzamento: 334.766.086 ptas.

Alargamento e mellora da LU-232 de Lugo a Friol. Treito: Lugo (N-640)-Friol. 1ª fase. T.M. Friol.

Adxudicatario: Gonzalo Yáñez García.

Orzamento: 346.690.000 ptas.

Alargamento e mellora da estrada Rozas-Abadín. Treito: Rozas-Castro de Riberas de Lea.

Adxudicatario: Ramón Cortizo Lois.

Orzamento: 234.000.000 de ptas.

Reforzo de firme con mestura asfáltica en quente. OUR-204. Treito: O Carballiño-Seoane.

Adxudicatario: Acoval, S.A.

Orzamento: 21.461.639 ptas.

Alargamento, urbanización e mellora do firme da PO-371 de Vigo a Puxeiros. Treito: Cabral-autovía.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 129.434.290 ptas.

Acceso ó núcleo urbano de Muras desde a Volta (2ª fase).

Adxudicatario: Construcciones y Obras Savur, S.L.

Orzamento: 15.000.000 de ptas.

Enlace a distinto nivel no p.k. 16+636 da vía rápida. Pontevedra-Sanxenxo.

Adxudicatario: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

Orzamento: 36.400.893 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1995.

(P.D.O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9508445