Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 1996 Páx. 244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1995, pola que se anuncia o concurso público, procedemento aberto, para a subministración de diverso material informático para a Escola Politécnica Superior de Ferrol (expediente número 1074/1995).

Convócase o concurso público, polo trámite de urxencia, para a subministración de diverso material informático para a Escola Politécnica Superior de Ferrol.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de traballos de consultoría e asistencia por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá, na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: nove millóns de pesetas (9.000.000 de ptas.).

Garantía provisional: cento oitenta mil pesetas (180.000 ptas.).

A Coruña, 26 de decembro de 1995

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Jiménez

Xerente

0057