Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 1996 Páx. 243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de servicios para a realización do programa Coñece España-96 nas comunidades autónomas de Castilla-La Mancha, Castilla-León e Madrid.

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude convoca o seguinte concurso polo procedemento aberto:

Obxecto: realización do programa Coñece España-96 nas comunidades autónomas de Castilla-La Mancha, Castilla-León e Madrid.

Orzamento: 135 ptas./km, co IVE engadido. Establécese un orzamento estimado de gasto de 4.603.500 ptas., en función das prazas que se prevén cubrir.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 184.140 ptas.

Prazo de execución: abril e maio de 1996.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 19 b), e) e f) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1. Medios técnicos adscritos á confección do traballo.

2. Calidade total do traballo en función da súa finalidade.

3. Prezo.

4. Experiencia xustificada en traballos análogos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados na Dirección Xeral de Xuventude, tódolos días laborales, agás sábados, das 9 as 15 horas, sita no complexo administrativo San Caetano, bloque 3-1º piso, Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 48 21.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou por cal

quer dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cando as proposicións se manden por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 58 43, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: a que se indica na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares e do prego de prescricións técnicas.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (Santiago de Compostela) ás 11 horas do décimo día natural posterior á data de remate do prazo de presentación das propostas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1995.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

0057