Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 09 de xaneiro de 1996 Páx. 235

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1995 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Marsans, S.A., sita na rúa Dolores, número 15, local comercial, de Ferrol (A Coruña).

Visto o expediente instruído por instancia de José Miguel Goiri Llano, na súa calidade de representante legal, en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, na rúa Dolores, nº 15, local comercial, de Ferrol (A Coruña), da axencia de viaxes Viajes Marsans, S.A., co C.I.C. MA-18, que ten a súa casa central na rúa Arlabán, nº 1 de Madrid.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude acompañou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, sito na rúa Dolores, nº 15, local comercial, de Ferrol (A Coruña), concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta secretaria xeral,

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Viajes Marsans, S.A., sita na rúa Arlabán, nº 1, de Madrid, da que é representante legal José Miguel Goiri Llano, a apertura dun novo establecemento na r/ Dolores, nº 15, local comercial, de Ferrol (A Coruña), que será inscrito no Rexistro de empresas e actividades turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous

meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro 1995

P.D. (Orde 4-10-1995)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

8306