Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 08 de xaneiro de 1996 Páx. 223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do extravío do resgardo de depósito definitivo en metálico, número 1623/1993, do 15 de outubro, que garante a Rodeira-Edebe, para os efectos de expedición dun duplicado.

Producido o extravío do resgardo de depósito definitivo en metálico de data 15 de outubro de 1993, co número de rexistro 1623/1993, polo importe de pesetas 109.807, garantindo a Rodeira-Edebe, formúlase requirimento oficial e público a aquela persoa ou entidade en poder da cal poida atoparse, para o presente, sen máis demora, nesta Subdirección Xeral do Tesouro, de tal xeito que, se transcorrido o prazo de dous meses, contados a partir da data de publicación do presente anuncio , non se presentara, procederase sen máis trámite, a extensión dun duplicado ó seu lexítimo propietario ou o seu representante formal e suficientemente acreditado, declarándose, nese mesmo acto, a anulación do exemplar orixinal extraviado, o cal non terá valor ningún nin poderá surtir efecto ningún diante da Administración nin de terceiros.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1995

Carlos Barrada Rodríguez

Subdirector xeral do Tesouro

8399