Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1995 pola que se dispón a información pública do prego único refundido de prescricións técnicas e cláusulas administrativas e se anuncia o procedemento aberto para a súa adxudicación, mediante concurso, para a xestión indirecta do servicio municipal de recollida, retirada, transporte e custodia de vehículos e outros obstáculos das vías públicas.

Obxecto.

Contratación mediante concurso aberto da xestión indirecta do servicio municipal de recollida, retirada, transporte e custodia de vehículos e outros obstáculos das vías públicas, na modalidade de concesión administrativa.

Duranción do contrato.

O contrato de xestión do servicio terá unha duranción de seis anos desde a data da resolución da alcaldía pola que se autorice a posta en funcionamento da xestión do servicio polo adxudicatario, podéndose prorrogar por períodos anuais ata un máximo de tres anos.

Prezo que percibirá o adxudicatario e taxa que deberá aboa-lo titular do vehículo ou infractor.

O abxudicatario percibirá, como prezo polos servicios prestados, as tarifas que oferte e acepte o concello por cada un dos conceptos. O concello poderá incrementa-lo prezo ofertado e aceptado para a determinación da taxa.

Garantía provisional.

Depositarase na caixa da corporación contratante, en calquera das formas establecidas no artigo 36-1-1) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas en contía de 500.000 pesetas.

Documentación.

A esixida na cláusula vixésimo oitava do prego único refundido.

Presentación de proposicións.

No rexistro xeral deste concello, durante o prazo de 40 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións.

O acto de apertura de proposicións económicas será público e terá lugar ás 12 horas do día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de ofertas; se coincidise cun sábado ou día inhábil a apertura tería lugar o día seguinte hábil.

Modelo de proposición.

Axustarase ó modelo oficial que figura na cláusula 45 do prego único refundido de prescricións técnicas e cláusulas administrativas.

Información pública.

O prego único refundido de prescricións técnicas e cláusulas administrativas para a xestión indirecta do servicio municipal de recollida, retirada, transporte e custodia de vehículos e outros obstáculos das vías públicas, aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 26 de outubro de 1995, sométise a información pública, simultaneamente coa convocatoria da licitación, polo período de trinta días hábiles, computados desde o seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, podéndose examinar na Unidade de Contratación e Patrimonio da Secretaría Xeral; no suposto de que se presentasen reclamacións contra o prego único, aprobado, a licitación (acto de apertura de proposicións) posporase ata que aquelas se resolvan polo Pleno da Corporación e en calquera caso antes do remate do prazo sinalado para a adxudicación na cláusula 32.

Pontevedra, 31 de outubro de 1995.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

9507881