Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución dos estatutos da Asociación de Facultativos Especialistas Interinos de los Hospitales del Sergas (AFEIHS).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Facultativos Especialistas Interinos de los Hospitales del Sergas (AFEIHS) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos facultativos que na actualidade estean traballando nos hospitais do Sergas, que posúan a titulación de especialista hospitalario correspondente e que non teñan a súa praza en propiedade, independentemente do tipo de contrato que posúan e que voluntariamente o soliciten.

Asinan a acta de constitución: Casimiro Obispo Martínez e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

8535