Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres número 95/0028.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74 do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos (A Coruña).

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993.

A Coruña, 28 de novembro de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Procedemento sancionador número: EN 95/0028.

Denunciado: López Fernández, Agustín.

Último enderezo coñecido: Perales del Río-Torcal nº 10, Getafe (Madrid).

Feitos imputados: circular fóra das pitas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Tipificación da infracción, Lei 4/1989 de CEN:

-Artigo infrinxido: 38.13º.

-Cualificación infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

95-8203