Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 05 de xaneiro de 1996 Páx. 183

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1995 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso de méritos da praza 1313/1995 de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito Real decreto, mediante o que foron designados pola secretaría xeral desta universidade os vocais correspondentes, e dado que se trata dun concurso de méritos e non dun concurso ordinario.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán o concurso de méritos, para a provisión de varias prazas de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do 19 de xuño de 1995 (BOE do 18 de xullo de 1995) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1995.

Francisco Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: historia da ciencia.

Praza nº: 1313/1995.

Comisión titular.

Presidente: Diego Miguel Gracia Guillén. Catedrático de Universidade Universidade Complutense de Madrid.

Vocal secretario: Juan Bautista Riera Palmero. Catedrático de Universidade Universidade de Valladolid.

Vocal 1º: Guillermo Olague Ros. Catedrático de Universidade Universidade de Granada.

Vocal 2º: Pedro Luis Gil Sotres. Catedrático de Universidade Universidade de La Laguna.

Vocal 3º: Emilio Balaguer Periguell. Catedrático de Universidade Universidade de Alicante.

Comisión suplente.

Presidente: Francisco Bujosa Homar. Catedrático de Universidade Universidade de Zaragoza.

Vocal secretario: Antonio Carreras Panchón. Catedrático de Universidade Universidade de Salamanca.

Vocal 1º: Juan Luis Carrillo Martos. Catedrático de Universidade Universidade de Sevilla.

Vocal 2º: Felipe A. Cid Rafael. Catedrático de Universidade Universidade Autónoma de Madrid.

Vocal 3º: José Manuel Sanchez Ron. Catedrático de Universidade Universidade Autónoma de Madrid.

8074