Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 1996 Páx. 162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada de gasto, dunha consultoría e asistencia para o desenvolvemento de campañas informativas nos medios radiofónicos da Comunidade Autónoma galega.

I. Obxecto e orzamento: contratación dunha asistencia para o desenvolvemento de campañas informativas nos medios radiofónicos da Comunidade Autónoma galega por un importe máximo de 96.000.000 de ptas., IVE engadido.

II. Solvencia económica e financeira: non se esixe.

III. Solvencia técnica: non se esixe.

IV. Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Dirección Xeral de Recursos Humanos, edificio administrativo San Lázaro, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

VI. Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

VII. Clasificación: a sinalada no apartado 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.(G:III; SG:3; Catg.:C)

VIII. Admisión de variantes: non se admiten.

IX. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no registro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.

X. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

XI. Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1995.

P.S. (Orde C.15-12-1995)

Alberto Nuñez Feijoo

Secretario xeral do Servicio Galego de Saude

8356