Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 1996 Páx. 161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de outubro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4427 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: L.M.T. Lousada-Fiz de Rozas.

Final: C.T. de Mariz, Lousada e Vigo.

Situación do transformador: Maríz, Lousada e Vigo.

Características: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, con postes de formigón, cunha lonxitude de 526 metros a L.M.T. ó C.T. de Mariz; 594 metros a L.M.T. ó C.T. de Lousada e 354 metros a L.M.T. ó C.T. de Vigo. Tres centros de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, cada un, sobre postes de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95 mm Al, cunha lonxitude de 300 metros, con postes de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Mariz, Lousada e Casanova, no concello de Portomarín.

Orzamento: 9.855.853 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 25 de outubro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7927