Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 1996 Páx. 79

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 333/1995, do 21 de decembro, polo que se modifica a oferta de emprego público correspondente a prazas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1995 aprobada polo Decreto 201/1995, do 23 de xuño.

Polo Decreto 201/1995, do 23 de xuño aprobouse a oferta de emprego público de prazas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1995, correspondente ós postos de traballo vacantes segundo as necesidades estimadas no momento de elaboración desta oferta, conforme coa relación de postos de traballo vixente.

O Consello da Xunta de Galicia por acordo do 23 de novembro de 1995, aprobou a relación de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia, actualizándose estes instrumentos técnicos previstos no artigo 25 da Lei 4/1988 do 26 de maio, para adaptalos ás necesidades da Administración existentes na actualidade, así como ás novas competencias asumidas pola Comunidade Autónoma.

Conforme coas devanditas relacións de postos de traballo e dos efectivos de persoal existente, estímase que debe modificarse a oferta de emprego público para adaptala ás necesidades de persoal de xeito que se garanta unha eficaz prestación dos servicios encomendados ós distintos órganos administrativos.

Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais correspondentes, logo de informe da Comisión de Persoal e de conformidade co establedido no artigo 12.8º da Lei 4/88, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/95, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de decembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.

A oferta de emprego público correspondente á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995, aprobada polo Decreto 201/1995 do 23 de xuño (DOG nº 132, do 11 de xullo), modifícase no sentido de ampliar 47 prazas no corpo administrativo da Xunta de Galicia, grupo C, quedando polo tanto fixado o total de prazas para este corpo en 102.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o díaseguinte da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, vinteún de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

8420