Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 1996 Páx. 75

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación de Farmacéuticos de Boticas Veterinarias de Galicia (Asofarvet).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previsto neste, faise público que no correspondente seervicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Farmacéuticos de Boticas Veterinarias de Galicia (Asofarvet) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas que sexan licencia

das en farmacia, que sexan propietarias de botica veterinaria, e que desexen incorporarse a ela.

Asinan a acta de constitución: Mercedesa Villar Fernández e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

9508274