Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 1996 Páx. 75

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública sobre urxente ocupación de bens e dereitos afectados para o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 3973 A.T.).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na cidade da Coruña, r/ Fernando Macías 2, solicitando a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para impoñe-la servidume de paso de enerxía eléctrica para o establecemento da instalación eléctrica seguinte:

Expediente nº 3973 -anexo- A.T.-Liña aérea para transporte de enerxía eléctrica a 20 kV, de 152 m de lonxitude en conductor LA 110, derivada desde o apoio 20 da L.M.T. (Expediente 3973 A.T.) Penasalbas-Tamallancos (Vilamarín) e finaliza no C.T. en caseta existente en Bouzas, Tamallancos (Vilamarín). Dita instalación foi autorizada e declarada, de utilidade pública por resolución desta delegación provincial de data 6 de xuño de 1995 (BOE do 20-7-1995, DOG do 21-7-1995 e BOP do 13-7-1995).

A relación concreta e individualizada dos interesados cos que a sociedade peticionaria non logrou acadar acordos para a súa adquisición ou indemnización amigable, foi publicada no BOP de Ourense nº 262 de 15-11-1995 e no diario local La Región nº 24450 do 20-11-1995.

O que se fai público coa finalidade de que calquera persoa, dentro dos quince días seguintes á publicación deste anuncio e ata o momento do levantamento das actas previas a ocupación, poidan aportar por escrito os datos precisos para corrixir posibles erros na relación de bens afectados e os seus titulares, e así mesmo, para que os interesados, dentro do prazo de quince días hábiles desde a publicación deste anuncio ou desde o seguinte ó da notificación que se lles practicará, poidan formula-las alegacións que coiden procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, que se é o caso, deberán facer por escrito triplicado presentado no rexistro xeral desta Delegación Provincial, rúa Curros Enríquez 1, 5º, Ourense.

Os interesados afectados poderán pedir, a través desta delegación provincial, que o peticionario lles facilite os datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens e a forma en que lles afecta a servidume.

Ourense, 22 de novembro de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8498