Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 1996 Páx. 90

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1995 pola que se anuncia concurso público de procedemento aberto, para a contratación do servicio que se cita (expediente 667/1995).

Expediente nº: 667/1995

Obxecto: servicio de instalación e recolocación de unidades colectoras e esterilizadoras de hixiene feminina. Diversos centros.

Localidade: Santiago de Compostela e Lugo.

Provincia: A Coruña e Lugo.

Importe de licitación: 5.600.000 ptas, IVE incluído.

Garantía provisional: 112.000 ptas.

Este expediente foi declarado de tramitación urxente por Resolución do 19 de decembro de 1995.

A cantidade de obrar acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas administrativas.

A solvencia técnica acreditarase por:

-Relación das titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato.

-Relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tras anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

-Descrición do equipo técnico e unidades técnicas participantes no contrato, estean ou non integradas directamente na empresa do contratista, especialmente dos responsables do control de calidade.

-Declaración que indique a media anual de persoal e cadro de personal directivo durante os últimos tres anos.

-Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato.

-Declaración das medidas adoptadas polo empresario para controla-la calidade, así como dos medios de estudio e de investigación de que dispoñan.

A solvencia económica e financeira acreditarase por:

-Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

-Tratándose de sociedades, presentación de balances, no suposto de que a súa publicación sexa obrigatoria nos estados en que aquelas se encontren establecidas.

-Declaración relativa á cifra de negocio global e das obras subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Os criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato son:

-Relación prezo/servicio.

-Experiencia.

-Custo de utilización e de mantemento, de ser necesario.

-Servicio de asistencia técnica posvenda, e posibilidade de repostos, de ser necesario.

-Prazo de execución.

A documentación para participar no concurso poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino general Pardiñas, 2 (Galerías Pronovias), Santiago de Compostela.

As propostas presentaranse nos rexistros xerais da universidade, (Rectorado, praza do Obradoiro s/n, Santiago ou no Rexistro do Campus Universitario de Lugo, situado no polígono de Fingoi, s/n pavillón 4 do Complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1995.

P.D.(R. 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

95-8461