Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 1996 Páx. 89

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1995 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, do servicio de limpeza da sede da Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Pontevedra.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS, do 7 de decembro de 1995, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa S.G. FERPESA, S.L., por un importe de catro millóns catrocentas noventa e cinco mil cento noventa e nove pesetas (4.495.199), IVE incluído, para un prazo de execución de dous anos.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

8328