Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4439 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Situación: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º Lugo, enlace L.M.T. Vilalba-Meira coa derivación en S. Lourenzo de Árbol (Vilalba).

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Características principais: liña de media tensión a 20 kV, con entrocamento na L.M.T. Vilalba-Meira e rematará na derivación a San Lourenzo de Árbol, cunha lonxitude de 924 metros, con conductor LA-56, sobre postes de formigón ou metálicos, no concello de Vilalba.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 3.193.386 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 8 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-8227