Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.734

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de novembro de 1995 pola que se designan os novos centros de educación secundaria autorizados para levar á práctica durante o curso 1994-95, con cáracter experimental, proxectos de integración de alumnos con necesidades educativas especiais.

Seguindo coa liña de actuación iniciada durante o curso 1989-90, e de acordo coa Orde de 31 de maio de 1995 pola que se amplía para o curso 1995-96 o ámbito de aplicación do plan experimental da integración do alumnado con necesidades educativas especiais en centros ordinarios de educación secundaria, unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos previstos na convocatoria,

RESOLVO:

1.-Autorizarlles ós centros que se relacionan no anexo I a levar á práctica durante o curso 1995-96, con carácter experimental, os proxectos de integración seleccionados.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Denominación do centroProvincia

I.F.P. Fernándo Blanco. CeeA coruña

I.F.P. Fene. FerrolA coruña

I.B. OrdesA coruña

I.F.P. Macías o Namorado. PadrónA coruña

I.E.S. Sar. Santiago de CompostelaA coruña

I.B. Germán Ancochea Quevedo. P.TrivesOurense

I.E.S. nº 12 Do Castro. VigoPontevedra

95-8269