Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Aprobación inicial do estudio de detalle formulado mediante iniciativa particular por Complejo Campolongo, S.L. coa finalidade de adaptar e defini-lo sinalamento das aliñacións e rasantes do rueiro Ad do PXOU delimitado polas ruas Blanco Amor, Fontesanta e Campolongo.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do día 24 de novembro do 1995, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación, con carácter inicial, ó estudio de detalle formulado mediante iniciativa particular por Complejo Campolongo, S.L., e redactado pola arquitecta Mercedes Maquieira Miguens, con visado colexial do 20-3-1995, e plano número 3, con visado de 12-5-1995, que anula e substitúe o correlativo do proxecto, subscrito tamén pola citada facultativa, coa finalidade de adaptar e defini-lo sinalamento das aliñacións e rasantes do rueiro Ad do PXOU delimitada polas rúas Blanco Amor, Fontesanta e Campolongo.

Segundo.-Someter a información pública o estudio de detalle aprobado inicialmente e o expediente tramitado -que será dilixenciado polo secretario xeral da corporación-, durante un prazo de quince días, mediante a publicación de anuncios no taboleiro de edictos da Casa do Concello, un dos periódicos de maior circulación provincial, BOP e Diario Oficial de Galicia, computándose o período desde esta última publicación con notificación persoal ós propietarios e demais interesados directamente afectados, comprendidos no ámbito territorial do estudio de detalle.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

Durante o prazo de quince días contados a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente na Unidade Municipal de Fomento (Rúa dona Teresa), e formula-las alegacións que coide procedentes.

Pontevedra, 13 de decembro de 1995.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

O secretario xeral

95-8425