Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión do 14 de decembro de 1995, acordou o seguinte:

1.-Aprobar inicialmente o programa de actuación urbanística do parque empresarial de Celanova, redactado por Alfonso Payo Nóvoa.

2.-Aprobar, así mesmo, inicialmente, o plan parcial de ordenación do parque empresarial de Celanova, elaborado por Alfonso Payo Nóvoa, facendo constar que a aprobación del queda supeditada á aprobación do PAU.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP de Ourense, sométese a información pública os expedientes do PAU e PP arriba indicados, para efectos de exame e formulación de alegacións, na secretaría do concello, en horas de oficina.

Celanova, 15 de decembro de 1995.

O alcalde

Rubricado

95-8424