Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1995 pola que se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Padrón.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, con data do 10 de decembro de 1992, asinou un convenio co Concello de Padrón para a creación dun parque empresarial no dito municipio.

A Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña, en sesión celebrada o día 1 de xullo de 1994 aprobou definitivamente o Plan Parcial do Parque Empresarial de Padrón, o que implica, de conformidade con Art. 132 do Texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificios correspondentes ós fins da expropiación.

O artigo 218 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, permite á Administración actuante aplicar en tódalas expropiacións urbanísticas o procedemento de taxación conxunta regulado nos Arts. 219 e seguintes de dito texto legal e nos artigos 202 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística.

De conformidade co previsto nos artigos 219 e seguintes do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese a información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Padrón.

O expediente estará exposto nas oficinas da Sociedade Xestión Urbanística da Coruña, S.A. (XESTUR-A CORUÑA) sita na R/ Ronda de Nelle 12 bis- 1º polo termo dun mes, a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que coiden oportunas, por tri

plicado exemplar, no Rexistro da Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito no edificio administrativo Monelos, r/ Salvador de Madariaga s/n A Coruña.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

Relación de titulares afectados

PredioPropietarioSuperficie

(m)

Xusto prezo

121José Rodríguez Blanco

Rúa Pazos

Padrón, A Coruña

1.716,641.158.990
122Domingo González Danza

Rueiro, Pazos

Padrón, A Coruña

2.254,151.521.889
123María Fabeiro Dopazo2.630,531.776.003
126Manuela Sánchez Lapido2.702,561.824.633
128María Otero Cela2.862,871.932.866
133Rogelio Landeira Formoso

Porta dos Mariños, Pazos

Padrón, A Coruña

561,78379.286
134Norma Genovés Horta1.088,91735.177
138Francisco Ortigueira Pardal1.366,93922.883
141Rosa López Pérez e outros

Quintáns, Pazos

Padrón, A Coruña

2.423,601.636.294
144Elisa Minguens García838,75566.282
145Teresa Pérez Rego

Rúa Pazos

Padrón, A Coruña

3.131,392.114.158
181Evaristo Landeira Formoso

Balcaide, Calo

A Coruña

883,12596.238
186Manuel Varela Rodríguez1.802,041.216.648
193María Fandiño Minguens

Iria Flavia

Padrón, A Coruña

1.942,341.311.371
195Josefa Pérez Rego e outros3.637,622.455.939
198Vitorina Mínguez e outros

Cambelas, Pazos

Padrón, A Coruña

1.798,981.214.581
199Ernesto Carles García

Cambelas, Pazos

Padrón, A Coruña

1.901,431.283.750
202Rosa López Pérez

Quintáns, Pazos

Padrón, A Coruña

1.978,771.335.966
207 Y BRamón Ares Martínez4.782,613.228.978
208Manuel Seoane Ferreiro

Quintáns, Pazos

Padrón, A Coruña

69,1746.700
209José Mª Seoane Seijas e fillos8.512,925.747.498
210Ramón Cruces Formoso

Iria Flavia

Padrón, A Coruña

1.144,80772.911
218Manuela Pérez Gómez3.755,562.535.566
221Dolores Sende Lapido e outros617,67417.020
222Rosa Varela Mariño590,92398.960
223Carmen Ameijeiras Rodríguez2.117,321.429,509
224Serafina Naya1.144,80772.911
225María Barreiro Rego

Quintáns, Pazos

Padrón, A Coruña

704,47475.623
226José Valiño Taboada2.323,871.568.961
227Manuela Rego Sabajanes1.643,021.109.285
551Masa Común de Veciños

Pazos, Padrón

A Coruña

187,00126.253

8305