Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 25 de outubro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 327 de clasificación do monte de Serráns, pertencente ó lugar de Serráns, parroquia de Mazaricos, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase expediente número 327 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: monte de Serráns.

Comunidade: lugar de Serráns.

Parroquia: Mazaricos.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 33 ha.

Lindeiros:

É parte do monte Aro, nº 103-B do CUP.

Norte: con monte de Mazaricos, seguindo unha liña recta de 190 m que vai do piquete nº 66 ata o 27, no cruzamento de Cabalo Morto.

Leste: co monte público Santa Mariña, da parroquia de Maroñas, desde o piquete nº 27 ata o 33 seguindo a orde de piquetes, deste último segue 143 m na dirección sur pola liña de deslinde ata chegar á Pedra da Leira.

Sur: con monte de Insua, por unha liña recta de 230 m trazada desde a Pedra da Leira ata o piquete 53. Con propiedades particulares do lugar de Serráns desde o piquete nº 53 ó 54 e 55.

Oeste: con propiedades particulares do lugar de Serráns, desde o piquete nº 55 ó 66 seguindo a orde de piquetes.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 25 de outubro de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 25 de outubro de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

7955