Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións formuladas nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 94/0006 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las resolucións dos procedementos sancio

nadores por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151 do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos - A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 14 de setembro de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de pesca

Procedemento

sancionador

número

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos imputadosArtigo

infrinxido

Cualificación

infracción

Sanción

proposta

P-94/0006Juan Filgueiras Espiñeira

32.597.458

Taboada-Monfero

Corta da vexetación de ribeira, sen permiso.34.22º34.22º50.001 multa

24.060 Indem.

1 ano Inhabilit.

P-94/0102Isaac Díaz Castro

44.815.751

Agra das Barreiras, 17

Santiago de Compostela

Pescar en tramo vedado sen permiso34.6º34.6º50.001 multa

1 ano Inhabilit.

P-94/0171Antonio Lancharro Díaz

72.425.608

Monte das Moas, 12-6º C

A Coruña

Pescar sen licencia34.1º34.1º50.001 multa

1 ano Inhabilit.

P-94/0220Antonio Eiroa Grela

79.316.322

As Rosas, 26

Camariñas

Pescar nun couto en época de veda34.8º34.8º50.001 multa

1 ano Inhabilit.

P-94/0022Julio Martínez Centeno

12.728.743

Mosteiro de Caaveiro, 38

A Coruña

Pescar sen levar consigo a licencia33.1º33.1º5.000 multa

8157